domingo, 29 de mayo de 2016

CONTACONTOS DA ED. VICENS VIVES

O día 20 de maio os nenos de todo o cole recibiron a visita da contacontos Raquél Queizás, por mediación da editorial Vicens Vives. Realizou unha animación moi divertida titulada “ Conto con pista”. Os nenos disfrutaron moito coa actividade.



TEATRO " O MONSTRO DE CORES"


O día 12 de maio o grupo de teatro da ludoteca de Xinzo representou no salón de actos do colexio unha obra de teatro baseada do conto “ O monstro de cores”.



lunes, 23 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

Este ano adicáronse as Letras Galegas o poeta e escritor Manuel María. No colexio traballamos desde infantil a 6º de primaria algunhas das súas poesías.
Infantil traballou "O Arco da Vella" fixo un libro, un material audiovisual e a canción sobre a mesma.

O primeiro ciclo de primaria fixeron un mural sobre Manuel María e cantaron un pupurri de varias poesías musicadas "O cuco" "O caracol" e o "Burriño".





 O segundo ciclo leron a poesía "A fala", bailaron e cantaron a poesía do "Sol".

 Os nenos de 3º ciclo traballaron durante toda a semana unha unidade didáctica sobre a vida e obra de Manuel María e prepararon un rap biográfico.


lunes, 9 de mayo de 2016

DIA DO LIBRO

O 22 de abril celebramos no colexio o Día do Libro, este ano adicámolo a Miguel de Cervantes xa que se celebraba o cuarto centenario da súa morte.
Fíxemos disitintas actividades por ciclos, os nenos de infantil e primer ciclo de primaria cantamos a canción "Don Quijote de la Mancha", acompañados da profesora de música coa guitarra.



Dous nenos de segundo ciclo realizaron unha entrevista a Miguel de Cervantes, un neno disfrazouse da mascota da biblioteca "O mochileiro" e outro de Cervantes.



E os máis maiores do colexio, os nenos do terceiro ciclo, leron algunhas das aventuras que se contan no libro do Quixote como a dos molinos, a do rebaño de ovellas...


Por último todos os nenos de primaria coa axuda da profe de inglés, participaron na creación dun libro adicado a figura de Sancho Panza, con textos e debuxos títulado "El gran libro de Sancho Panza"






lunes, 2 de mayo de 2016

CONTACONTOS GLORIA FUERTES

O mércores día 20 de abril tivemos a visita  dunha contacontos da Editorial Hércules, que nos dramatizou un conto sobre a vida de Gloria Fuertes titulado "Hércules pasea con Gloria Fuertes", contounos tamén o conto Da toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza e cantamos varias cantigas.
A contacontos pertence ó grupo teatral Pinga.