lunes, 11 de abril de 2016

Camilo José Cela

AS MALETAS DA FUNDACIÓN CELA CHEGARON AO NOSO COLEXIO!!!!


    O primeiro día despois das vacacións de Nadal, esperábanos unha sorpresa: había tres maletas que os nosos alumnos foron abrindo segundo lle correspondía e levaron todos unha grata sorpresa ao comprobar que se trataba de diferentes obxectos relacionados co noso Premio Nobel de literatura Camilo José Cela.







    Cada grupo traballou coa súa maleta de forma diferente:
Os máis pequeniños escoitaron o conto coa intervención das súas profes e os bonecos que tanto lles gustan. Tamén fixeron unha careta de poliño tan propia do tempo de entroido, e como non, gustoulles ver e tocar todo o que había dentro da mesma.








    Os de primeiro e segundo ademais de rebuscar na maleta tamén andiveron a voltas coas “letras revoltas” e mesmo fixeron un contiño moi orixinal.











    Os maiores rebuscaron na maleta, escoitaron con moita atención o que lles contou a profe do autor e da súa obra e fixeron unha redacción sobre el para o día seguinte.





    Finalmente, todo o colexio participou nunha especie de “collage” coa cara de Camilo José Cela.






No hay comentarios:

Publicar un comentario