lunes, 18 de abril de 2016

GLORIA FUERTES



Nací en Madrid.
A los tres años ya sabía leer.
A los cuatro años ya sabía escribir.
A los seis ya sabía mis labores.
Yo era buena y delgada,
alta y algo enferma.
A los nueve años me pilló un carro.
A los catorce me pilló la guerra.
A los quince se murió mi madre (se
fue cuando m·s falta me hacía).
Quise ir a la guerra, para pararla,
me detuvieron a mitad del camino.
Luego me salió una oficina, donde
trabajo como si fuera tonta,
pero Dios y el botones saben que no lo soy.
He tenido anginas y algunos Premios.
También he sido profesora de Literatura
en la Universidad de Bucknell-Pensilvania (USA).
Ahora sólo escribo libros.





Aproveitando que o día 20 de Abril vai visitarnos unha contacontos para falarnos da autora de literatura infantil Gloria Fortes, decidimos traballar nas aulas con poesías da devandita autora.
Tiveron gran aceptación, sobre todo as comprendidas no libro " A oca tola", que mostran aos alumnos como debuxar diversos animais, obxectos...., tamén “Las tablas de multiplicar en verso” etc.

Con algúns dos traballos realizados polos nenos/as elaboramos un mural que quedou exposto no corredor da biblioteca:




jueves, 14 de abril de 2016

Centenario Roald Dahl


 Willy Wonka



Matilda, Charlie e a fábrica de chocolate, Iago e o pexego xigante, As bruxas, O gran xigante bonachón …. Sóanche? Son algunhas das obras que escribiu o xenial autor inglés Roald Dahl para nenos e nenas. Este ano celebramos o primeiro centenario do seu nacemento e por ese motivo hai na rede un montón de actividades á vosa disposición. Aquí vos deixo uns enlaces interesantes, pero non vos esquezades do importante: LER OS LIBROS.
Seguro que vos van encantar!


lunes, 11 de abril de 2016

Camilo José Cela

AS MALETAS DA FUNDACIÓN CELA CHEGARON AO NOSO COLEXIO!!!!


    O primeiro día despois das vacacións de Nadal, esperábanos unha sorpresa: había tres maletas que os nosos alumnos foron abrindo segundo lle correspondía e levaron todos unha grata sorpresa ao comprobar que se trataba de diferentes obxectos relacionados co noso Premio Nobel de literatura Camilo José Cela.







    Cada grupo traballou coa súa maleta de forma diferente:
Os máis pequeniños escoitaron o conto coa intervención das súas profes e os bonecos que tanto lles gustan. Tamén fixeron unha careta de poliño tan propia do tempo de entroido, e como non, gustoulles ver e tocar todo o que había dentro da mesma.








    Os de primeiro e segundo ademais de rebuscar na maleta tamén andiveron a voltas coas “letras revoltas” e mesmo fixeron un contiño moi orixinal.











    Os maiores rebuscaron na maleta, escoitaron con moita atención o que lles contou a profe do autor e da súa obra e fixeron unha redacción sobre el para o día seguinte.





    Finalmente, todo o colexio participou nunha especie de “collage” coa cara de Camilo José Cela.






CONTACONTOS

O xoves 7 de abril os nenos de infantil tivemos a visita dunha contacontos chamada Nati Natillas, actriz da compañía de teatro Sarabela.
Representounos un conto sobre o despertar dos animais na primavera.

miércoles, 6 de abril de 2016

Aniversario do Principiño

Un día coma hoxe, o 6 de abril de 1943, publicouse por primeira vez unha fermosísima novela sobre un neno moi especial. Levamos xa 73 anos desfrutando do Principiño e esperamos continuar moitos máis. Feliz Aniversario!

miércoles, 30 de marzo de 2016

OS NENOS DO MUNDO


No presente curso o  Mochileiro viaxa buscando experiencias e información sobre a vida dos nenos en distintas partes do mundo, polo tanto a nosa primeira viaxe chámase “ Os nenos do mundo”. Trátase de buscar, codificar información e reflexionar sobre a realidade infantil no mundo. Será un traballo con gran contido transversal, especialmente ligado aos  valores de paz, solidaridade, e valoración positiva  da diversidad cultural. 

DIA DA PAZ

O venres, 29 de xaneiro, celebramos no colexio o DÍA DA PAZ. Pareceunos unha data adecuada para amosar os traballos relacionados co noso proxecto “ Os nenos do mundo”.

Os pequenos de Infantil coñeceron a nenos do Sahara, e así  nos contaron a súa experiencia.



      Os nenos de primeiro e segundo viaxaron  ao Peru e amosaron nun video esta aventura imaxinaria.




Os alumnos de terceiro e cuarto compararon as súas vidas coas de nenos dalgunhas zonas deprimidas de Asia.


  



  Os alumnos de quinto e sexto tiveron a posibilidade de manter correspondencia con nenos que viven en zonas de conflito, grazas á colaboración dun coperante da cruz vermella, antigo alumno do colexio. Na súa exposición quixeron poñer nome a estos nenos.



                                                            

A profesora de música e coordinadora da biblioteca, compuxo unha canción " El derecho a sonreir" .


Así nola cantaron os nenos de quinto e sexto.



Para rematar, baixamos ao patio, pintamos  as nosas mans  nas columnas de entrada ao colexio e cantamos e bailamos a canción " El mismo sol" de Alvaro Soler.