miércoles, 30 de marzo de 2016

OS NENOS DO MUNDO


No presente curso o  Mochileiro viaxa buscando experiencias e información sobre a vida dos nenos en distintas partes do mundo, polo tanto a nosa primeira viaxe chámase “ Os nenos do mundo”. Trátase de buscar, codificar información e reflexionar sobre a realidade infantil no mundo. Será un traballo con gran contido transversal, especialmente ligado aos  valores de paz, solidaridade, e valoración positiva  da diversidad cultural. 

DIA DA PAZ

O venres, 29 de xaneiro, celebramos no colexio o DÍA DA PAZ. Pareceunos unha data adecuada para amosar os traballos relacionados co noso proxecto “ Os nenos do mundo”.

Os pequenos de Infantil coñeceron a nenos do Sahara, e así  nos contaron a súa experiencia.



      Os nenos de primeiro e segundo viaxaron  ao Peru e amosaron nun video esta aventura imaxinaria.




Os alumnos de terceiro e cuarto compararon as súas vidas coas de nenos dalgunhas zonas deprimidas de Asia.


  



  Os alumnos de quinto e sexto tiveron a posibilidade de manter correspondencia con nenos que viven en zonas de conflito, grazas á colaboración dun coperante da cruz vermella, antigo alumno do colexio. Na súa exposición quixeron poñer nome a estos nenos.



                                                            

A profesora de música e coordinadora da biblioteca, compuxo unha canción " El derecho a sonreir" .


Así nola cantaron os nenos de quinto e sexto.



Para rematar, baixamos ao patio, pintamos  as nosas mans  nas columnas de entrada ao colexio e cantamos e bailamos a canción " El mismo sol" de Alvaro Soler.




                               

miércoles, 16 de marzo de 2016

O DESEXO DO GATO KLOPS



 

GLORIA FUERTES NA BIBLIOTECA

O próximo 20 de abril, con motivo da semana internacional do libro, un contacontos falaranos da autora de literatura infantil Gloria Fuertes.
Busca o seguinte libro na biblioteca si queres coñecela.

lunes, 14 de marzo de 2016

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O día 23 de Outubro celebramos no colexio o día das bibliotecas con dous contos, "A ratiña presumida" e "Garbancito".
Ademais arranxamos un teatrillo, que existía no colexio, pero estaba en desuso.

Os nenos de infantil axudados polas súas mestras escenificaron o conto da Ratiña presumida:




O segundo conto foi representado por algunhas alumnas de cuarto de primaria co apoio da profesora encargada da biblioteca.







 





lunes, 7 de marzo de 2016

BENVID@S

Comezamos unha nova andaina guiados pola nosa mascota o "Mochileiro". Xuntos viviremos grandes aventuras.
Anímate a visitar o noso blogue e disfrutaremos todos xuntos!