No presente curso o Mochileiro viaxa buscando experiencias e información sobre a vida
dos nenos en distintas partes do mundo, polo tanto a
nosa primeira viaxe chámase “ Os nenos
do mundo”. Trátase de buscar, codificar información e reflexionar sobre a
realidade infantil no mundo. Será un traballo con gran contido transversal,
especialmente ligado aos valores de paz,
solidaridade, e valoración positiva da
diversidad cultural.
DIA DA PAZ
O venres, 29 de xaneiro, celebramos no colexio o DÍA DA PAZ. Pareceunos unha data adecuada para amosar os traballos relacionados co noso proxecto “ Os nenos do mundo”.
Os pequenos de Infantil coñeceron a nenos do Sahara, e así nos contaron a súa experiencia.
Os nenos de primeiro e segundo viaxaron ao Peru e amosaron nun video esta aventura imaxinaria.
Os alumnos de terceiro e cuarto compararon as súas vidas coas de nenos dalgunhas zonas deprimidas de Asia.
Os alumnos de quinto e sexto tiveron a posibilidade de manter correspondencia con nenos que viven en zonas de conflito, grazas á colaboración dun coperante da cruz vermella, antigo alumno do colexio. Na súa exposición quixeron poñer nome a estos nenos.
A profesora de música e coordinadora da biblioteca, compuxo unha canción " El derecho a sonreir" .
Así nola cantaron os nenos de quinto e sexto.
Para rematar, baixamos ao patio, pintamos as nosas mans nas columnas de entrada ao colexio e cantamos e bailamos a canción " El mismo sol" de Alvaro Soler.
No hay comentarios:
Publicar un comentario